Wednesday 08 de May de 2024

O PP de Culleredo acusa a Rioboo de non asumir a súa incompetencia e non tentar chegar a acordos coa oposición


O PP de Culleredo manifestou de novo o seu enfado pola incapacidade do alcalde cullerdense para chegar a acordos coa oposición para desbloquear a aprobación de suplemento de crédito que o Goberno Municipal solicitou no Pleno de outubro e que era levado na orde do día para a súa aprobación definitiva no Pleno ordinario do 26 de decembro.

“É incrible que por pura soberbia non se avenga a reunirse connosco para acordar algo tan sinxelo e tan de sentido común como o que lle reclamamos no pleno de outubro; que explique as partidas do suplemento de crédito, a que se van a dedicar, en que contía, cales desas partidas son para proxectos xa executados e cales para os que están pendentes de execución, en definitiva, transparencia!!, non pedimos nada excepcional”, sinala a portavoz popular, Izaskun García.

Descartada por parte da alcaldía a colaboración co PP, os populares tamén manifestan a súa preocupación polo “tira e afrouxa que mantén o señor Rioboo co BNG.
Primeiro acéptanlle unha emenda en outubro que, segundo a intervención municipal, é practicamente inviable, e neste último pleno, #ante a posibilidade dun voto en contra dos nacionalistas, o alcalde pide un receso e aparece cun “nin para ti, nin para o meu” que provoca que se teña que celebrar un pleno extraordinario de urxencia para resolver este tema. É incrible a incapacidade deste alcalde e o seu goberno para chegar a acordos beneficiosos para o concello en tempo e forma”, recalcan desde o Grupo Popular.
“É tan larga a lista de despropósitos deste Goberno Municipal que necesitariamos horas e horas para enumeralos todos; non se lle aprobou a conta xeral do 2022 (presentada tres meses tarde), unha conta xeral que reflicte o absoluto fracaso da xestión do señor Rioboo, incapaz con maioría “absolutista” máis que absoluta, de executar apenas o 15% dos investimentos. E con datos tan escandalosos como deixar sen executar case o 90% das partidas destinadas a reparacións, mantemento e conservación de infraestruturas, mentres o orzamento destinado a publicidade, propaganda, reunións e conferencias multiplicábase por 10”, sinala a portavoz popular.

“E xa non falemos dos orzamentos do ano 2024, dos que non temos nin a máis mínima información. Talvez esquecéuselle ao señor Rioboo que agora si debe acordalos coa oposición, tan afeito que estaba el a facer da súa capa un sayo”.